O Concello da Estrada estuda unificar os tramos de beirarrúa en Fernando Conde

17 Decembro 2018

O Concello da Estrada estuda a posibilidade de unificar o estilo das beirarrúas de Fernando Conde, que trala finalización da obra presentaría tres aspectos diferentes en diferentes tramos. Esta idea xurde a modo de aproveitamento de 136.000 euros que a obra rexistra á baixa e que non é posible desvincular do proxecto, explicou hoxe o alcalde, José López Campos.

 

A totalidade do orzamento atribúese á intervención na Avenida de Fernando Conde, e esa partida de fondos públicos non poden ser dese xeito empregados para investilos noutras actuacións, sen embargo, coa unificación do estilo das beirarrúas eses fondos seguirán vinculados a ese mesmo proxecto.

 

A obra inclúe na súa totalidade a mellora da iluminación, pavimentos e mobiliario urbano nun tramo de 1 quilómetro; a reposición dos servizos urbanos nun tramo de 600 metros, dende a Travesía de Fernando Conde ata a vía de acceso á praia fluvial e a dotación da rede de alcantarillado e cambio de beirarrúas nun tramo de 320 metros.

 

Por outra banda, a petición dos veciños, ofrecéuselle a opción á compañía encargada do subministro do gas para que aproveitase o período de obras para implementar a súa rede, mentres as obras habilitan esta posibilidade, que lle axudaría ademais a abaratar custos de instalación.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1