O terror chega á Estrada co VI Festival Panic

O Departamento de Cultura do Concello da Estrada fixo pública a lista de actividades programada para o festival de terror Panic, que arrancará o vindeiro 18 de xaneiro. O festival foi organizado conxuntamente polos departamentos de Cultura e Sanidade do Concello como alternativa de ocio saudable de cara á xuventude.

 

As actividades organizadas para o primeiro día do programa son o desfile de monstros e Santa Compaña polas rúas da vila, seguido por un Monster´s concert (baile de disfraces de terror) con chocolatada ao remate e un maratón de cine de terror, con películas actuais que se proxectarán nos Minicines Central, que se prevé que comece arredor da medianoite e se prolongue ata preto das 7:00 horas da mañá.

 

Cada venres a partir do día 18, e ata o 8 de febreiro, proxectarase unha película de terror nos minicines. O xoves 7 de febreiro realizarase unha lectura de relatos de terror no Teatro Principal e o venres 8 de febreiro, ademais da proxección da película de peche do festival, terá lugar a gala de entrega dos premios dos concursos de fotografía e curtametraxes de terror que se porá en marcha nos próximos días.

 

Como evento especial, con prazas limitadas e pensado para os máis apaixonados do xénero estase preparando un evento sorpresa que se celebrará o mércores 30 de xaneiro, do que só se revelou o título de Noite das bestas.

 

Nas vindeiras semanas iranse desvelando os pormenores das distintas seccións e colgaranse as bases dos concursos. As actividades seguiranse a dirixir de forma especial cara o público xuvenil como parte do programa de prevención de trastornos aditivos da Concellería de Sanidade e de ocio saudable.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1