A Estrada celebrará mañá a súa trixésima Festa da Poesía

A Estrada celebrará mañá, ás 20:00 horas no Teatro Principal, a súa trixésima Festa da Poesía, na que se fará entrega da vixésimo segunda edición do Premio de poesía Avelina Valladares a Xurxo Alonso García, que se alzou con este galardón pola súa obra, No interior do vento.

 

A seguir do acto de entrega do premio, dous rapaces de cada centro subirán ao escenario a recitar poemas en galego, así como compoñentes de distintos colectivos e asociacións municipais, que farán o mesmo e se sumarán ao recital. Os rapaces seleccionados para recitar os seus poemas serán agasallados con un exemplar do poemario gañador do certame.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1