A Estrada conmemorará o 25-N cunha concentración diante do Concello

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Estrada organizará unha concentración diante do Consistorio de cara a conmemorar o Día internacional contra a violencia cara as mulleres, que se celebrará o vindeiro 25 de novembro ás 13:00 horas.


Na concentración en recordo ás vítimas da violencia de xénero lerase un manifesto institucional, acordado no pleno por tódalas forzas políticas, co fin de amosala repulsa cara as agresións machistas. Dende o Concello solicitase a participación e implicación da veciñanza no acto, como mostra de apoio e soporte cara a causa.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1