O Concello xa contemplaba a creación dun espazo para a xuventude

O Concello da Estrada xa contemplaba dende hai tempo a creación dun espazo adicado á xuventude, que é un dos puntos sobre os que traballa, incluídos na Edusi, segundo expuxo hoxe o alcalde, José López Campos, que aclarou que a creación dun espazo destas características é clave para a localidade, sexa na estación de autobuses, como perseguen os rapaces, ou non.


López explicou que xa mantiveron contacto coa Consellería de Infraestruturas a este respecto no pasado, pero que o espazo estaba afectado pola concesión do servizo de transportes, a pesar de que as instalacións non se estaban empregando para o desempeño para o que se construíran.


Actualmente esa concesión está vencida, polo que se da pé ao inicio de novas negociacións. Non obstante, o Concello non pode asumir a cesión e desafección dese edificio por parte da Xunta nas condicións nas que se atopa actualmente, sen unha actuación de reforma previa.


Existe a posibilidade de rehabilitar as instalacións, pero non é unha cuestión inmediata, matizou o alcalde, quen tamén afirmou que actualmente estase máis preto que antes para abrir ese novo escenario, que é interesante, segundo sinalou, a pesar do estado ruinoso das instalacións.


Sen embargo non se pode esquecer o problema de que a localidade non se pode quedar sen estación municipal, nin da que presenta a titularidade do edificio, que non deixa claro se se podería levar a cabo unha actuación nel, finalizou dirixente local.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1