A Estrada di non á violencia contra a muller

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Estrada organizará durante a semana diversas actividades en materia de igualdade, que culminará cunha concentración diante do Consistorio de cara a conmemorar o Día internacional contra a violencia cara as mulleres, que se celebrará o vindeiro 25 de novembro ás 13:00 horas.

 

non violenciaNesta concentración do día 25 lerase un manifesto institucional,acordado no pleno por tódalas forzas políticas, co fin de amosala repulsa cara as agresións machistas, segundo explicou hoxe a directora do CIM, Margarita de la Calle, que fixo fincapé no cambio de horario, xa que en anos anteriores se facía preto do solpor.

 

Sen embargo, as actividades comezarán mañá mesmo, coa previsión da instalación dunha escaleira que represente o círculo da violencia de xénero. Un proxecto levado a cabo coa colaboración do alumnado dos institutos da localidade, que incluirá frases típicas de control e ameaza, propias de relacións tóxicas, pero tamén frases en positivo, que representarán unha subida e baixada dos niveis de violencia.

 

O mércores 22, ás 18:00 horas, terá lugar unha charla na Sala Abanca que tratará de transmitir a importancia de educar sen caer nos estereotipos de xénero, baixo o título Máis aló do azul e do rosa.

 

As iniciativas buscan a participación da xente máis nova, porque a través desa participación é como eles integran a información, aclarou de la Calle, que sinalou que a semana complementarase con charlas e actividades destinadas ao alumnado de primeiro, segundo e terceiro da ESO.

 

Os grupos de primeiro acudirán o vindeiro luns, 26 de novembro, a unha charla informativa acerca do bo trato que se impartirá ás 12:30 horas nas instalacións do AGASP, mentres que os grupos de segundo e terceiro terán unha cita no Teatro Principal, o mesmo día e á mesma hora, onde asistirán á posta en escena da obra A Cincenta que non quería comer perdices; unha reinterpretación do conto que advirte ás mulleres para que non toleren agresións machistas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1