Aberta a inscrición para VII Cross Río Liñares

Atópase aberta a inscrición para a terceira proba para o circuíto “Corre A Estrada Corre”, que será o VII Cross Río Liñares, o cal se celebrará o vindeiro 2 de decembro a partir das 11:00 horas da mañá á beira da praia fluvial.

 

A proba, que se celebrará dentro do recinto da Sociedade Deportiva Río Ulla, contará con tres percorridos: o circuíto A, de 400 metros; o B, de 500 e o C, de 1600. Todos os circuítos estarán pechados e balizados e contarán con indicacións e sinalización.

 

Todos os percorridos se realizarán en superficies de herba e terra nunha distancia aproximada de 5.000 metros na carreira absoluta. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da páxina web www.emesports.es, onde tamén encontrarán información respectiva á proba. Poden acceder a máis información na páxina web do Concello, nos números de teléfono 886153589 e 986570030 e no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1