López prevé que as obras do Cruceiro rematen ao longo da semana

O alcalde da Estrada, José López, explicou onte que se espera que as obras de reforma na Rúa do Cruceiro estean rematadas ao longo desta semana. Ao longo desta xornada está previsto rematar os traballos coas balizas e as luminarias e aproveitar estes días de bo tempo para realizar as tarefas co formigón.

 

A instalación do formigón impreso en cor gris escuro supón o groso do traballo de cara á fin da obra ao longo da semana, para a estrea dunha nova rúa na que se lle dará preferencia aos peóns, xa que está pegada á xa peonil Zona dos Viños, mediante a sinalización como tramo de baixa velocidade.

 

Ademais, trala reforma e xunto con algunhas actuacións de reforma nas fachadas levadas a cabo polos veciños, o Cruceiro vai lucir esteticamente moi diferente, polo que se pedirá aos demais veciños que acompañen a actuación a través de requirimentos con ordes de execución para manter ese ornato e hixiene, sen causar aos veciños grandes gastos pero mantendo un mínimo, sinalou López.

 

Para concluír, o alcalde explicou que non descarta unha terceira actuación na rúa, que atendendo ás peticións dos veciños, incluiría a construción de beirarrúas ata o colexio e fronte as vivendas, pero o rexedor local afirmou que esa terceira reforma, que se podería acometer, ten unha execución máis complexa debido a que non hai espazo físico para incluír beirarrúas e circulación nese tramo.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1