Últimas prazas dispoñibles para apuntarse ao Taller de Bonsai

Restan menos de dez prazas dispoñibles para apuntarse ao Taller de Bonsai que terá lugar os vindeiros 17 e 18 de novembro na Sala Abanca da Estrada. Este curso gratuíto desenvolverase en dúas partes; unha teórica pola mañá, das 10:00 ás 13:00 horas e unha parte práctica pola tarde do sábado, das 16:00 ás 20:00 horas e a mañá do domingo, no horario antes citado.

 

Óscar Expósito e Andrés Bicocca, membros da Asociación de Bonsai Española (ABE), serán os encargados de impartir os contidos e dirixir as actividades da xornada. Na parte teórica ensinarán o método a seguir para formar unha árbore de viveiro, os tipos e clasificación das árbores atendendo ao nome e tamaño, técnicas de substrato e abonado e o procedemento para un correcto aramado e pinzado.

 

Na parte práctica farase entrega dunha árbore de viveiro a cada participante para que estes poñan en práctica os coñecementos adquiridos ao longo da mañá e os convertan en bonsais a través do emprego das distintas técnicas mencionadas e ademais, estes poderán levar árbores da súa posesión  para tentar melloralos ou consultarlles dúbidas aos expertos.

 

As persoas interesadas en participar no taller poden apuntarse a partir deste momento a través do número de teléfono 628 318 256.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1