Accións Formativas Smartpeme na Estrada

Este mércores e como cada último mércores do mes, no viveiro de empresas da Estrada desenvolverase o proxecto SmartPeme.

 

A iniciativa SmartPeme consiste nunha rede de puntos nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidos por asesores cualificados en materia TIC, onde se prestará un servizo de información e asesoramento, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e as Novas Tecnoloxías.

 

As persoas destinatarias dos servizos do SmartPeme son os/as autónomos/as e micropemes (priorizando naquelas que ocupan a cinco ou menos traballadores cun volume de negocios anual inferior a 2 millóns de euros) da provincia de Pontevedra.


Este colectivo engloba a máis de 64.000 pequenas empresas e constitúe máis do 92% do tecido empresarial da provincia.

 

Podes achegarte ás nosas instalacións para recibir asesoramento gratuíto e personalizado sobre a implantación das novas tecnoloxías no teu negocioe/ou para resolver calquera dúbida en relación a esta materia.

 

Desde Emprego A Estrada queremos destacar que para beneficiarte deste servizo non é preciso que sexas da Estrada. 

 

Alén disto este mércores levarese a cabo a formación: COMERCIALIZA OS TEUS SERVIZOS A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS en horario de 19.00 a 21.00 horas.

 

Se desexas participar nesta formación (totalmente gratuíta) podes inscribirte a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar ao 886 202 020 se o desexas tamén o podes facer directamente a través do departamento de emprego do Concello da Estrada: chámanos ao 986 677 740 ou contactános a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Tes toda a información sobre as accións formativas do proxecto en www.spartpeme.depo.es

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1