Aberto o prazo para a participación cidadá no marco da Edusi

Hoxe, 19 de outubro, ábrese o primeiro prazo de participación cidadá para decidir sobre as materias nas que comprometer os investimentos pendentes no marco da Edusi, cifrados en máis de 2,5 millóns de euros. As persoas interesadas en participar no proceso poden enviar as súas propostas a través do formulario web da páxina http://aess2020.gal.

 

A Edusi (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) enmarcase dentro de“A Estrada Social Sostible 2020 (AESS2020), proxecto cofinanciado nun 80 por cento mediante o Programa Operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020”.

 

Para guiar dita participación definíronse cinco retos e cinco mesas de traballo homónimas; para a creación ou mellora de novos servizos públicos relacionados coas TIC, cun orzamento de 200.000 euros; para definir un plan de mobilidade inclusivo e sostible, con 700.000; para a recuperación e posta en valor do patrimonio, con 500.000; para a revitalización socioeconómica, que contará con  400.000 e para a atención a colectivos desfavorecidos e a igualdade de oportunidades, cun orzamento de 900.000 euros.

 

Nesta primeira etapa, as persoas interesadas poderán envialas súas propostas do 19 ao 30 de outubro  a través do formulario web que se atopa no apartado propostas cidadás da sección participación da susodita páxina web.

 

Estas mesas de participación pública terán lugar o 5 de novembro, cun espazo de tempo de dúas horas por mesa, dende as 9:30 ás 15:30 horas para as tres primeiras e das 16:30 ás 20:30 para as dúas ultimas. Nelas, representantes políticos, técnicos municipais e representantes da sociedade civil exporán os detalles de cada reto e debaterán coa cidadanía en torno as propostas recibidas.

 

As persoas interesadas poden apuntarse ás mesas de participación pública que máis se axeiten ás súas inquedanzas enviando un correo ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando por teléfono ao 986570030, ata completar un límite de 30 prazas por mesa (por motivos de loxística) que se cubrirán por orde de inscrición.

 

O segundo prazo para a recepción de propostas cidadás a través do mesmo formulario web terá lugar do 5 ao 14 de novembro e poderanse enviar novas propostas ou revisións das analizadas previamente nas mesas. Estas propostas cidadás serán o punto de partida para que os técnicos determinen aquelas que poidan ter encaixe e sexan susceptibles de trasladarse aos órganos de decisión da Edusi para a súa consideración.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1