A reforma dos xardíns comezará a semana do 12 de novembro

Trala firma do contrato para a reforma dos xardíns e de haber concertado outra reunión para a semana do 29 de outubro, ambas partes, Concello e a empresa adxudicataria, Copcisa, acordaron que as obras comecen ao longo da semana do 12 de novembro, segundo informou hoxe o alcalde da Estrada, José López Campos.

 

Na reunión concertada para finais de outubro, as partes prevén debater cuestións do proxecto que sexan susceptibles de resolverse antes do inicio das obras. Sábese que unha vez que se inicien as obras atoparanse incidencias que haberá que resolver sobre a marcha, pero con esta xuntanza pretendese ir un paso por diante, apuntou López.

 

Deste xeito e a tal efecto, pediuse é empresa que analizase o proxecto ata o día da xuntanza, como tamén o fará o persoal do Concello, para a que será unha obra laboriosa e que requirirá de soterrar servizos, tales como o tendido telefónico e demais cableado que agora se encontra suspendido sobre o terreo.

 

O rexedor local indicou que existen varias alternativas para planificar por onde comezar a obra de cara ao Nadal; datas nas que a Praza do Concello debe de estar libre, polo que hai que prestar atención á planificación co fin de interferir o menos posible e compatibilizar as obras co uso que a cidadanía fai dos espazos públicos.

 

Para rematar, López sinalou que esta é unha das grandes obras que se vai realizar na Estrada, que é unha obra que se perseguiu durante anos, converténdose nunha aspiración histórica para a localidade, polo que se mostrou satisfeito coa sintonía coa empresa na xuntanza, xa que é importante que esta “se empape do espírito da obra, que ten un alma e unha historia propias”, polo que debemos construír un espazo do que sentirnos orgullosos, finalizou.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1