Obradoiro sobre a cultura castrexa o 19 e 20 de outubro

A Concellería de Sanidade e Turismo do Concello da Estrada organiza un obradoiro sobre a cultura castrexa para os vindeiros venres 19 e sábado 20 de outubro. As persoas interesadas en participar nas actividades do obradoiro terán que inscribirse previamente a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

A actividade do venres consistirá nunha conferencia impartida polos relatores Estevo Amado Rodríguez e Julia Marín Ramírez, baixo o título “A alimentación e a produción téxtil na cultura castrexa, actividades imbricadas”, que comezará ás 19:30 horas na planta baixa da Casa das Letras. A entrada para a actividade é aberta e gratuíta.

 

Para o sábado, a partires das 11:00 horas, estes mesmos expertos dirixirán unha visita guiada ao Castro de Callobre, na que impartirán un obradoiro titulado “Prospección, identificación e conservación de xacementos castrexos”.

 

Paralelamente a este obradoiro, cabe destacar a existencia dun paquete turístico ofertado dende a web de turismo do Concello, baixo o lema “Workshop: la cultura Celta en Tabeirós-Tierra de Montes” no que, a partir dos 42 euros por persoa da opción máis básica, os interesados poderán desfrutar dunha estancia de dúas noites coincidentes coas datas do obradoiro  nunha casa de turismo rural. As persoas interesadas poden atoparán a información acerca da maneira de realizar as reservas no número de teléfono 631179252 ou no enderezo electrónico  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1