As obras en Fernando Conde comezarán o 5 de novembro

Trala reunión mantida entre o Concello da Estrada e a empresa Covsa, adxudicataria da obra, para a firma do contrato de reforma da Avenida de Fernando Conde. Acordouse tamén que as obras comecen o vindeiro luns 5 de novembro, pasada a ponte do Día de Todos os Santos, segundo informou o alcalde da localidade, José López Campos.

 

Coa firma do contrato celebrada onte ábrese un período de 30 días no que ambas partes deben reunirse novamente para a firma da alta do repranteo da obra, data a partir da que comezará a contar o prazo de execución da mesma.

 

Segundo este calendario, a intervención, que inclúe a substitución dos servizos de saneamento, abastecemento e pluviais nun tramo de 600 metros na parte central da avenida, debería estar completa para finais de febreiro, polo que todo estaría listo a principios de primavera.

 

Debido a este cambio nos servizos estamos pendentes da contestación da empresa que presta o subministro do gas, para ver se pola súa parte, van acometer tamén a implantación de novas instalacións na zona, aproveitando que xa hai que levantar o firme, explicou López.

 

Tamén se está estudando cal é a forma máis óptima para dotar de boa iluminación a avenida. Non no referido a puntos de iluminación, que vai haber máis, sinalou o rexedor local, senón por determinar cal sería o tipo de luminaria idóneo.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1