Plan Siberia comezará a nova xira o 21 de outubro no Principal

Plan Siberia comezará a súa nova xira o vindeiro 21 de outubro coa actuación prevista para as 19:00 horas no Teatro Principal da Estrada. Nesta actuación interpretará cancións do seu segundo disco, Volboretei, íntegramente en galego.

 

plan siberiaO concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou hoxe o evento, para o que afirmou que sempre é gratificante observar como artistas estradenses forman parte da programación cultural do Concello; unha programación que xa inaugurou Chelo do Rejo e que continúa próximamente co festival folk da man de Tequexetéldere, antes da actuación de Plan Siberia; grupo que conta coas cancións do verán 2017 e 2018 recoñecidas pola TVG.

 

O concelleiro sinalou que as entradas deste espectáculo para todos os públicos poranse á venda a partires da semana que ven no departamento de Cultura do Concello e na Cafetería Boliche a un prezo de 5 euros.

 

Pola súa parte, un dos fundadores e compoñente do grupo, Gabriel Blanco, engadiu que esta xira arranca dende A Estrada con este “concerto-show minimalista, pero bonito, con moita arte e pouco artificio”.

 

Na xornada proxectarase o videoclip de introdución do disco, filmado na baía de Aldán, e haberá colaboracións e sorpresas. De modo que animou á xente a acudir ao espectáculo e vivir unha xornada de domingo de sobremesa diferente, nun entorno familiar, no teatro.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1