O Concello prevé acometer a obra no Manuel Regueiro durante o paro de Nadal

O Concello da Estrada ten esperanzas en que a Deputación de Pontevedra resolva o Plan Concellos durante a xornada de hoxe e prevé acometer a obra no Manuel Regueiro aproveitando o paro da actividade deportiva que se produce durante a época do Nadal, para interromper a actividade o menor tempo posible, segundo explicou o alcalde, José López Campos.

 

Esta intervención non só require cambiar o tapete de xogo, senón que tamén se reformarán as instalacións en vestiarios e almacéns, para dar cabida e gardar o material pertencente aos distintos clubs que empregan o campo.

 

Este campo de fútbol ten unha actividade intensa, xa que xogan nel todos os clubs do concello, lembrou López, polo que hai que dotalo dun mantemento adecuado e acometer a obra cando se produza unha paréntese na actividade deportiva que permita telo pechado o menor tempo posible, xa que hai clubs aos que non se lles puideron conceder tódalas horas solicitadas por falta de espazo, a pesar de contar con tres instalacións no concello: o Manuel Regueiro, o campo de Callobre e o Campo de Fútbol Municipal.

 

O rexedor local sinalou, así mesmo, que a Secretaría do Concello xa está traballando nos pregos coa vista posta en adxudicar, tanto esta actuación, que conta cun orzamento de 200.000 euros, como a de asfaltados rurais (657.000 euros) e de asfaltados urbanos (360.000 euros).

 

Por outra banda, o vindeiro mércores celebrarase unha reunión con Copcisa, empresa adxudicataria da obra de reforma dos xardíns da Alameda, na que se planificarán o inicio e a execución das obras de reforma e ampliación dos xardíns municipais. Con respecto aos plans de acondicionamento da zona de xogos, se estaba barallando a instalación dunha zona de Parkuor como proposta dirixida aos nenos de entre 6 e 12 anos, pero “non é unha proposta encaixe demasiado”, advertiu o alcalde. Máis claras están as propostas para os maiores a ese tramo de idade, coa instalación dunha pista deportiva, e tamén as dirixidas aos menores a estes.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1