Arranca o sábado a II Feira do mercado ecolóxico local

Arranca o sábado a II Feira do mercado ecolóxico local, que se repetirá os sábados na segunda semana de cada mes nas instalacións do Novo Mercado da Estrada. Na feira poderanse atopar produtos tales como froita, verdura, queixo, sidra, carne, peixe, marisco e mel, entre outros, e participar en diferentes actividades.

 

Nesta edición impartirase, ás 12 do mediodía, un obradoiro de etiquetado nutricional da man da nutricionista Paula Mariño, graduada en nutrición e dietética pola Universidade de Santiago de Compostela, segundo informou hoxe o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Óscar Durán. No obradoiro, a experta ensinará en que se debe fixar o consumidor á hora de mercar os produtos e cales son os mellores á hora de incluílos na lista da compra, así como onde atopalos.

 

Esta será a dinámica das futuras celebracións desta feira que se celebrará o segundo sábado de cada mes; impartir charlas, obradoiros ou espectáculos de cociña en vivo no que os asistentes podan, ademais de atopar produtos de calidade, adquirir novos coñecementos ou entreterse con algunha das actividades.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1