Programación Cultural

Este venres 5 de outubro ás 21.00 horas "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos" de Matriohska Teatro e o sábado 6 ás 17.00 horas "Os tres porquiños" de Educa Teatro.

 

 

Matriohskas Teatro

SEÑORA QUE PASEA POLA RÚA CON DOUS CANS PRECIOSOS

 

Matriohska Teatro

 

DÍA: Venres 5
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Teatro contemporáneo
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Adultos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada no Departamento de Cultura)

 

SINOPSE: Chelo do Rejo, Anabell Gago e Lorena Conde fan nesta montaxe un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, escritora comprometida, mestra apaixonada, e pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega.

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos revela estados de ánimo, universos de imaxes e letras, de mulleres que viaxan a contracorrente e de accións e camiños por camiñar.

 

 

 

 

Cartel A ESTRADA porquinos

OS TRES PORQUIÑOS

 

Educa Teatro

 

DÍA: Sábado 6
HORA: 17.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical infantil
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: Público familiar
LINGUA: Galego
ENTRADA: 6,00 € (Entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco)

 

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus porquiños preferidos.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1