Dispoñibles as invitacións para o Festival Folclórico Tequexetéldere

Xa están dispoñibles para a retirada as invitacións para o Festival Folclórico Tequexetéldere 2018. As entradas de balde poden ser recollidas no departamento de Cultura do Concello por parte do público interesado.

 

O festival celebrarase o vindeiro sábado 13 de outubro, ás 18:00 horas, no Teatro Principal da localidade e contará coa actuación como convidado do grupo mallorquino Sarau Alcudienc.

 

Ambas agrupacións encárganse, a través da música e da danza que interpretan, da expansión e posta en valor da cultura tradicional dos territorios aos que pertencen. Un encontro entre os pobos de Alcudia e A Estrada que procura pór aos asistentes en contacto co pasado folclórico de ambos municipios.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1