A Asociación pola Defensa do Val do Liñares solicita voluntarios para limpar ríos o domingo

A Asociación pola Defensa do Val do Liñares solicita voluntarios medioambientais entre a poboación da Estrada para limpar ríos na XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” nalgún dos 51 concellos de toda Galicia que participarán da iniciativa, que se desenvolverá durante o vindeiro domingo 30 de setembro.

 

As persoas interesadas en participar neste proxecto de voluntariado medioambiental e de concienciación social deberán anotarse á actividade no número de teléfono 626768826 e presentarse ás 11:00 horas da mañá do domingo diante da igrexa de Lagartóns; lugar de encontro da comitiva. Os voluntarios desprazaranse polos seus medios ata os puntos de limpeza.

 

Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto á actividade, que rematará, previsiblemente, entre as 13:30 e as 14:00 horas, segundo informaron fontes da organización, que advertiron que os participantes teñen que levar roupa e calzado axeitados para andar pola beira do río. As luvas para os participantes e as bolsas e sacos para recoller o lixo apórtaos o Concello da Estrada, que colaborará na actividade retirando o lixo recollido polo voluntariado.

 

Os voluntarios serán agasallados cunha camisola co lema do Proxecto Ríos; un programa de educación e voluntariado ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas e o xeito de fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora destes.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1