Escolla do poemario gañador da XXII edición do Premio de Poesía Avelina Valladares.
ACORDOS
Unha vez lidos os orixinais presentados, selecciona por maioría, como gañadora do XXII Premio de Poesía Avelina Valladares, o presentado baixo o lema “No interior do vento” que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de D Jorge Alonso García, no que o xurado destacou que se trata dun poemario cun interesante uso da linguaxe onde a explosión expresiva persegue a coherencia. Harmonía a diferentes ritmos onde a singularidade motiva a construción comprensiva dende a diversidade temática dos poemas e na que os versos demandan a complicidade lectora. En resumo, un vento con contido para que a lectora e o lector sexan quen de lle dar a forma precisa.
Descargar información completa.