O novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas xa ten datas de inicio

O vindeiro día 10 de outubro dará comezo o novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas. Concretamente, será o grupo de adultos o que inicie as súas clases todos os mércores ata o mes de xuño. Pola súa banda a reunión de principio de curso dos grupos infantís e xuvenís será o luns 15 de outubro ás 20.30 h no Teatro Principal.

 

As clases dos cativos concentraranse nas mañás dos sábados. As clases prolongaranse ata o mes de xuño. Lembramos que aínda se poderán cubrir aquelas prazas que queden libres de aquí ata o inicio das clases. O prezo dos cursos completos son 120,00€ a inscrición no grupo de adultos e 96,00€ a dos grupos infantís e xuvenís.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1