Programación Cultural

Este venres 28 ás 19.00 horas "A casa do terror" na alameda municipal (en caso de chuvia no Teatro) e o domingo 30 ás 18.00 horas "Mar adiante" no Teatro Principal.

 

 

Cartel Casa do TerrorA CASA DO TERROR


Xoán Curiel + A Banda Son + d2

 

DÍA: Venres 28
HORA: 19.00 h
LUGAR: Alameda municipal (en caso de chuvia no Teatro)
XÉNERO: Concerto pop
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Público infantil (6-12 anos)
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde

 

SINOPSE: A casa do terror é un libro disco editado por Galaxia que se transformou, da man do programa de dinamización lingüística Fala Redes, nun espectáculo terrorificamente divertido. Conta a historia dun grupo de amigos que se ve obrigado a pasar a noite nun castelo encantado. Unha historia chea de risos e sustos que se desenvolve a través de cancións, bandas, xogos de clown e teatralizacións nas que os máis cativos participan activamente.

 

 

 

 

 

mar adiante A EstradaMAR ADIANTE


Odaiko

 

DÍA: Domingo 30
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Títeres, ritmo e percusión
DURACIÓN: 55 min
CATALOGACIÓN: Familiar
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde (recollida de convites no Departamento de Cultura)

 

Este espectáculo, incluído no programa Ano da lingua da Deputación de Pontevedra, súmase ás celebracións das Letras Galegas facendo unha adaptación teatral do libro de M.ª Victoria Moreno Mar adiante.

Un espectáculo que mestura cantigas e música, danza e marionetas nunha singular travesía na que navegaremos rumbo á Illa dos paxaros. Os arroaces, o vento do norte, as mareas e as estrelas son protagonistas nesta historia que recrea o conto de Crarisca e Luceiro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1