A Estrada inaugura a exposición dos Bolechas sobre o galego

O alcalde da Estrada, José López Campos, xunto co deputado provincial de Cultura e Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra, Xosé Leal, inauguraron hoxe a exposición dos Bolechas para aprender sobre as variantes dialectais coas que conta a nosa lingua.

 

Bolechas1Leal dirixiuse ao alumnado de cuarto de primaria do CEIP Pérez Viondi, que foi o primeiro en desfrutar das actividades, coordinadas por varios monitores, coas que conta a carpa instalada na Praza do Concello, e explicoulles que alí serían capaces de aprender xogando como se fala o galego nos diferentes recunchos da nosa xeografía.

 

Bolechas2Para pechar a súa intervención, o deputado provincial agradeceu a implicación do Concello e lembroulles aos pequenos que a exposición permanecerá na Estrada ata o vindeiro 4 de outubro, animándoos a visitala novamente con amigos e familia e a observar as diferenzas entre como se falaba antes en comparación con como se fai agora.

 

Acto seguido, López interviu para agradecer á Deputación a organización na localidade desta nova exposición, así coma as anteriores, recordando que Os Bolechas veñen á Estrada dúas veces ao ano e sempre traen “temáticas interesantes”. Tamén amosou o seu agradecemento ao profesorado que acompañará, en grupos organizados polas mañás, aos rapaces e animou a estes últimos a acudir polas tardes coas súas familias para desfrutar desta exposición interactiva.

 

Os cativos do Pérez Viondi puideron participar nunha actividade de cantareira nun karaoke cunha canción sobre as variantes dialectais dos Bolechas, escoitar cuns cascos as diferentes formas nas que se fala en diferentes rexións, buscar nunha piscina de bolas diferentes formas de formar plurais e depositalas nos contedores correctos, colorear diferentes motivos e relacionalos cos diferentes nomes que reciben nos distintos territorios e xogar a un xogo interactivo de preguntas e respostas sobre diversas cuestións dialectais.

 

Bolechas3Bolechas4

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1