A Estrada acollerá un dos catro torneos zonais de ping-pong que se celebran en España

A Estrada acollerá, entre o 30 de outubro e o 4 de novembro, un dos catro torneos zonais de ping-pong que se celebran no país e do cal sairán os deportistas clasificados da zona que competirán no torneo de España desta disciplina. Así o recolle o convenio firmado hoxe entre o alcalde da Estrada, José López Campos, e o presidente da Federación de Tenis de Mesa, Jose Luis Cabaleiro Fernández.

 

No campionato zonal que se celebrará na localidade participarán deportistas de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León e, por suposto, Galicia. Na organización do evento participarán activamente os dous clubes de ping-pong do municipio: A Estrada Casino-Recreo Cultural e o Clube de Tenis de Mesa Estrada, segundo informou o alcalde.

 

A inscrición ao torneo abrirá para as categorías de benxamín a veterano a finais de setembro e o rexedor municipal alabou a iniciativa, xa que afirmou que é bo fomentar e apostar por este tipo de turismo deportivo no que eventos coma este atraen a centos de persoas, feito que revitaliza a economía da localidade.

 

Só en persoal de arbitraxe e xuíces árbitros se espera a 40 persoas, ás que hai que engadir os deportistas que participen na proba. Pero eses deportistas tampouco viaxan sos, e haberá quen veña como público, matizou.

 

Neste torneo daranse cita entre 300 e 400 participantes que ocuparán as pistas de 3 pavillóns; dúas nas que se disputarán partidos oficiais simultaneamente e a terceira para quecemento antes de xogar.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1