Doazón de sangue 20-21 de setembro

 
Adíca 2 minutos para decidir se salvas unha vida
Amosamos historias de persoas que doan sangue e de doentes que sairon adiante grazas a solidariedade doutros
O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.
Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos...
Desde 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto.
Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.
#súmatedoasangue
Máis información
Teléfono: 900 100 828 e 881546900
Twitter: @doadoressangue
 
Agradecemos a súa constante colaboración, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a centos de enfermos.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1