O Concello da Estrada solicitará hoxe o persoal docente para o obradoiro

O Concello da Estrada solicitará hoxe o persoal docente á Xunta para por en funcionamento un novo obradoiro centrado en traballos de construción e xardinería. O obradoiro conta con 20 prazas ás que poderán optar os veciños.



Na solicitude remitida á Xunta pediranse un director para o obradoiro, un profesor de xardinaría, un de carpintería e un administrativo, segundo informou o alcalde da Estrada, José López Campos.



Para poder optar ao traballo e formación no obradoiro de emprego “A Estrada 2018” é preciso apuntarse no INEM, que se encargará de facer a selección de persoal previa á entrevista no Concello ante unha comisión mixta, formada por dous representantes do Concello e outros dous da Xunta, que determinará a listaxe de persoas seleccionadas.



O obradoiro ten por obxectivo a mellora da empregabilidade, para o que disporá cun orzamento por parte da Xunta de 288.807 euros, e como novidade contará cunha modalidade dual, dividido nun período de 9 meses de formación e un de 3 meses de contrato laboral en empresas.



Os participantes no obradoiro realizarán diversos traballos de construción de aseos, canalóns, peches, pintado e instalación de tellados e paredes, entre outras obras previstas nas diferentes escolas do rural, como son as de San Pedro de Ancorados, Santo Tomás de Ancorados, San Miguel de Castro, San Miguel de Moreira, Curantes, Ribeira, Olives, Vinseiro, Lamas e A Somoza, para garantir un estado óptimo das instalacións.



Ademais, os integrantes procederán ao axardinamento da parcela da escola da Baiuca, na N-640, e ao arranxo e mellora dos xardíns da Casa das Letras, das rotondas e das xardineiras do casco urbano.



Levaranse deste xeito a cabo obras de interese social, tal como ocorreu nas edicións anteriores, nas que se levaron a cabo obras importantes na Casa das Letras ou no Conservatorio.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1