O MOME acollerá un encontro sobre saúde sexual

O CIM (Centro de Información ás mulleres) do Concello da Estrada organiza o III encontro para conmemorar o día mundial da saúde sexual, que terá lugar no MOME o vindeiro venres 7 de setembro a partir das 20:00 horas.


Trátase con este evento de compartir cos asistentes cales son as craves básicas para gozar dunha boa saúde sexual. Baixo o título #Voces de miradas ¿Falamos de sexualidade e dereitos sexuais?, a psicóloga do CIM, Margarita de la Calle, moderará a xuntanza na que a sexóloga Idhaly Guzmán impartirá unha charla.


Este terceiro encontro móvese baixo o lema: “A saúde sexual e os dereitos sexuais son ¡Fundamentais! para o benestar”, e fai fincapé no dereito das persoas a unha educación sexual completa, axeitada á idade, correcta e de confianza.


Dende o CIM anímase aos veciños e veciñas que teñan interese a acudir ao encontro, cuxa entrada é libre a partires dos 16 anos.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1