Derradeiro día para inscribirse na ruta Goza do Ulla, no treito da Estrada

Mañá, 31 de agosto, será o derradeiro día para inscribirse na ruta Goza do Ulla no treito que percorre a marxe do río pertencente ao concello da Estrada. A ruta fluvial comezará ás 9:30 horas do vindeiro sábado 1 de setembro dende a ponte de Ximonde, elixida como punto de encontro para iniciar o percorrido.

 

As inscricións deberán realizarse a través do número de teléfono 629 577 246 ou do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Esta ruta, baixo o subtítulo “os sons do Ulla”, segue o trazado do río durante unha distancia de doce quilómetros e conta cunha catalogación de dificultade baixa, polo que é accesible a gran parte dos interesados.

 

O percorrido levará aos participantes pola beira do río Ulla, onde poderán gozar dos seus carreiros e experimentar os diferentes sons cos que, tanto a auga coma todos os animais que viven arredor do río, especialmente as aves, van orquestrando a súa ribeira.

 

Tamén se fará unha pequena incursión nas beiras do río Linares, afluente que ten a súa desembocadura no Ulla e un dos lugares preferidos polos pescadores, debido ao bo estado das súas augas, que acollen unha gran fauna fluvial.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1