A Estrada firma o convenio para remodelar a iluminación na Zona dos Viños

O alcalde da Estrada, José López Campos, firmou hoxe o convenio coa Xunta mediante o cal se da luz verde para remodelar a iluminación na Zona dos Viños que quedara pendente trala primeira fase da intervención que se levou a cabo no lugar. Trala firma, o convenio remitirase mañá á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para dar paso a contratala obra.

 

Esta actuación, que pretende acondicionar a iluminación vertical das rúas recuperando os mastros e substituíndo os brazos e luminarias, conta cun orzamento de 33.867 euros, procedentes da Consellería, e un prazo de execución dun mes. Ademais, incluiranse dous proxectores de luz cenital que alumeen os logotipos que dan acceso e acoutan a Zona dos Viños, explicou o rexente municipal.

 

Estes traballos de mantemento e instalación eléctrica, unidos á conexión da arqueta de saneamento da área completarían a primeira fase do proxecto e darían paso á segunda fase, relativa á reforma da Rúa do Cruceiro.

 

Ademais esta é a única zona peonil do casco urbano, feito que vai en liña coa estratexia Edusi, pese a non estar enmarcada nesta e, ante a posta en valor da área, algúns propietarios xa levaron a cabo actuacións de limpeza e mellora nas súas propiedades, que se ven revalorizadas a través destas iniciativas, sinalou López.

 

Isto mesmo é o que pretendemos con Fernando Conde, que os veciños se impliquen e fagan un esforzo acorde ao que chega dende a administración local para mellorar e por en valor os espazos do concello, indicou o alcalde, que acto seguido matizou que non se lles vai pedir aos veciños nada que non sexa razoable.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1