Instalaranse 326 novos contedores para o lixo no rural da Estrada

Está previsto que, ao longo da semana, se reciban en instalacións municipais os 326 novos contedores para o lixo de carga traseira destinados ás zonas rurais do Concello da Estrada. Así o asegurou o concelleiro de Medio Rural, Juan Constenla, quen indicou que está previsto tamén que a empresa Contenur, adxudicataria do contrato, comece a instalar estes contedores a partires da vindeira semana.

 

Este contrato, enmarcado no Plan Concellos da Deputación conta cun orzamento de 54.450 euros, adxudicado á empresa Contenur, que se encargará da colocación e distribución dos novos contedores, así como da recollida daqueles que se consideren inservibles para a xestión de residuos. Non obstante, aqueles que poidan ser reparados permanecerán en instalacións municipais onde operarios municipais os examinarán e repararán.

 

O concelleiro fixo fincapé na importancia de reciclar aqueles contedores que se atopen en boas condicións e precisen de reparacións menores como a substitución de rodas que posibiliten novamente a mobilidade dos mesmos por parte dos traballadores que os manipulan.

 

Os novos contedores se emprazarán atendendo á reposición dos danados e naqueles lugares onde sexan insuficientes para atender as necesidades da poboación residente coa finalidade de mellorar deste xeito o servizo de recollida, que se realizará, como ven sendo habitual, un día á semana en diferentes rutas.

 

Por outra banda, os contedores de carga lateral previstos para a colocación no casco urbano chegarán en setembro, como xa estaba planificado.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1