O Concello da Estrada traslada aviso de problema de proliferación de ratas

Tras chegar a oídos do Concello que algúns veciños avistaran ratas na Avenida de Benito Vigo, trasladouse a queixa á empresa de ratización contratada para que prestase especial atención a esa zona. Non obstante, o alcalde en funcións da Estrada, Juan Constenla, afirmou que non se trata dunha situación alarmante.

 

O Concello traballa habitualmente coa empresa de control de pragas Tragal, que semanalmente leva a cabo traballos de mantemento, prevención e control para conter a poboación destes roedores. O método a seguir para a contención é sinxelo e eficaz; colócanse veleno e trampas en diferentes puntos da rede de saneamento, e alí onde as alimañas comen o veleno é onde se localizan os focos de proliferación que requiren dun tratamento máis intenso.

 

Cando os veciños ou o persoal municipal advirten de un incremento poboacional de estes roedores nunha zona determinada, pásaselles o aviso á empresa para que incremente as accións neses puntos, explicou Constenla, que á vez indicou que onde máis se nota a súa presencia é onde hai comida; onde teñen alimento.

 

O Concello inverteu cerca de 5.000 euros en 2017 dedicados ás diferentes campañas de ratización.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1