Blanco lembra ao BNG que se reduciu a débeda herdada en case dous millóns e medio

Ante as acusacións do Bloque Nacionalista Galego da Estrada referidas ao que cualificaron nos medios de “situación enganosa” da conta xeral do Concello, o concelleiro de Facenda, Alberto Manuel Blanco, lembrou ao partido que foi este goberno o que conseguiu reducir a débeda viva herdada por eles que, en 2011, último ano de xestión do Bloque, ascendía a 4.306.000 euros e que ao peche de 2017 se atopaba en 1.862.000 euros.

 

 O concelleiro advertiu de que as diferentes formacións interpretan os datos como lles parece e que non só se trata de dar as porcentaxes correctas, senón que o Bloque omitiu que no último período se pasou a un total de 6.730.000 euros, multiplicándose por once a capacidade inversora do Concello dende 2017. 

 

Executáronse actualmente 2.259.000 euros (catro veces o que se tiña previsto para o ano), e o restante queda ligado, fundamentalmente á Edusi, aclarou o concelleiro, que insistiu en que os datos económicos do Concello son positivos, con remanentes de crédito de máis de cinco millóns e de tesouraría de máis de tres.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1