Traballadores da EDAR executan labores de limpeza na cámara de carga da minicentral

Despois de observar que afloraban sólidos, traballadores da EDAR executan labores de limpeza e retirada de lodos na cámara da minicentral. O alcalde en funcións, Juan Constenla, informou de que coa falta de choiva facilítase que os lodos se depositen e ao non haber suficiente caudal os sólidos reflotan, e asegurou que xa hai persoal traballando para atallar o problema.

 

Realízanse, deste xeito, labores de limpeza na cámara de carga da minicentral. O problema xurde cando parte da auga tratada da EDAR que vai decantando cara esa canle onde a auga está parada pode conter sólidos en suspensión. Co aumento das temperaturas e o paso do tempo, os sedimentos afloran cara a superficie. Non obstante, en condicións normais, o caudal do río que abastece a cámara impide que se produza a decantación e se acumulen eses pequenos sólidos, segundo explicaron fontes da empresa que xestiona a EDAR.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1