Intercambio Xuvenil Bilateral en Italia-Venecia - Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018

O Parlamento europeo e o Consello da Unión Europea acordaron denominar Ano Europeo do Patrimonio Cultural ao 2018, co obxectivo de promover na cidadanía os valores que subxacen no patrimonio cultural, e que o fan un instrumento fundamental do desenvolvemento da sociedade europea.

 

O seu obxectivo principal, segundo reza o seu artigo 1, é: fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural de Europa como recurso compartido, sensibilizar acerca da historia e os valores comúns e reforzar un sentimento de pertenza a un espazo europeo común.

 

Durante o Ano Europeo do Patrimonio Cultural realizaranse iniciativas e acontecementos a nivel europeo, nacional, rexional e local.

 

Vista a decisión do Parlamento Europeo, e considerando a importancia que ten o Patrimonio cultural en todos nós, é polo que se decidiu realizar un encontro bilateral  xuvenil para dar a coñecer aos nosos mozos o patrimonio cultural histórico artístico en Italia, e nunca mellor que a popular cidade de Venecia.

 

Manifestar que non é fácil realizar un encontro destas características nunha cidade tan coñecida internacionalmente e tan visitada como Venecia.   A necesidade dun interlocutor que estivese interesado en realizar un encontro bilateral deste tipo non é habitual, pois entre outras cuestións é sobradamente coñecido o elevado custo  que supón pernoitar nesta cidade polo turística que é durante todo o ano.

 

Realizando unha visita a Santiago de Compostela/Galicia os dirixentes dun centro educativo/profesional desta cidade, ofreceron a posibilidade de formar parte xunto con outros 2 municipios e 1 mancomunidade de municipios, o participar con mozos do noso Concello nun encontro na cidade de Venecia e, como contraprestación, acoller a outro grupo igualmente pola nosa banda.

 

Cursada unha invitación pola entidade que organiza o intercambio, “Il Polo Tecnico  professionale Dei Venecia I.I.S. Vendramin Corner”,  ao Alcalde, para o acompañamento do grupo xuvenil ao intercambio, e sendo esta unha función municipal máis de representación, é polo que se decidiu asistir e poder acordar novas participacións en proxectos europeos de diferentes temáticas.

 

O Concello de A Estrada participará do 2 ao 9 de setembro nun intercambio bilateral entre mozos da cidade de Venecia-Italia e mozos galegos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. O grupo de Galicia está formado por 40 mozas e mozas de 3 concellos e 1 mancomunidade de concellos  da comunidade, cuxas prazas foron asignadas por estrito orde de chegada.

 

Os participantes desenvolverán un programa de actividades baseado nunha metodoloxía de educación non formal  que permitirá fomentar a participación activa cidadá, mellorar competencias comunicativas, atopar sinerxías entre as dúas culturas ou vencer prexuízos existentes. Do mesmo xeito, os participantes terán a posibilidade de incrementar o seu nivel de independencia e responsabilidade, ampliar o coñecemento doutras culturas e costumes, así como fomentar a tolerancia da diversidade.

 

O programa de actividades inclúe dinámicas de grupos e interactuarán con mozos do Polo Técnico Profesional,  realizando percorridos culturais pola cidade de Venecia como: Basílica e Piazza San Marco cunha visita ó Palacio Ducal , Visita ás illas de Murano e Burano con visita asistencia á fabricación do vidro, Visita ao Gran Teatro La Fenice,Visita Museo Correr (o museo máis famoso de Venecia) , percorrido  cun  barco tradicional remando os participantes, visita ó museo de Historia Natural , Visita á Academia de Belas Artes.

 

O proxecto enmárcase dentro do fomento da mobilidade xuvenil.

 

No próximo mes de setembro/outubro recibirase en Galicia unha delegación de mozos e mozas Venecianas dentro do mesmo proxecto de intercambio.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1