Aberto o prazo para pagar o segundo trimestre das actividades de prevención para a dependencia

O prazo para pagar o segundo trimestre das actividades de prevención para a dependencia que se ofertan dende o Concello da Estrada estará aberto ata o vindeiro 28 de agosto. Entre estas actividades, que se desenvolven no rural e no centro urbano inclúese zumba de mantemento, memoria, xerontoximnasia, pilates e musicoterapia.

 

A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, advertiu hoxe que a actividade de pilates está ao límite da súa capacidade, pero sinalou que isto só ocorre no centro urbano; nas parroquias non existen problemas de capacidade.

 

Seguidamente, indicou que actualmente hai arredor de 35 grupos conformados con preto de 500 persoas apuntadas nas diferentes actividades que se desenvolven nos distintos puntos do concello, nas parroquias ou, no caso do centro da vila, nas instalacións do Novo Mercado.

 

O prezo das actividades é de 15 euros por trimestre e despois de realizar o pagamento no banco é preciso achegar o xustificante do dito pagamento ao departamento de Servizos Sociais do consistorio.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1