Mañá abre o prazo de inscrición no Espazo Concilia

Mañá, 8 de agosto, e ata o vindeiro día 28 do mesmo mes, ábrese o prazo de inscrición no Espazo Concilia. Un espazo dirixido a nenos e nenas da Estrada, de entre 3 e 12 anos, cuxos proxenitores precisen conciliar a vida familiar e laboral, explicou hoxe a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

 

As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada entre o 8 e o 28 de agosto acompañadas da fotocopia de carné dos proxenitores do rapaz, fotocopia do libro de familia, fotocopia do título de familia numerosa, fotocopia do xustificante de ocupación laboral (dúas últimas nóminas), fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores e a fotocopia do xustificante de ser demandante de emprego, de ser o caso.

 

O Espazo Concilia, sito na Rúa Padrón, no primeiro andar do Novo Mercado, ten un horario de apertura das 15:30 ás 20:30 horas, de luns a venres nos períodos lectivos; das 8:30 ás 13:30 os sábados e das 9:00 ás 14:00 horas, durante os períodos non lectivos.

 

Actualmente está aberto en horario de verán, de 9:00 a 14:00 horas ata o día 11 de setembro, e a partires do 12 de setembro, día no que comeza o novo curso escolar, adoptará o horario especificado para o período lectivo.

 

O espazo ten por finalidade que os nenos se divirtan e aprendan á vez que ocupan o tempo de ocio, sempre guiados e acompañados por un equipo de profesionais con experiencia no traballo coa infancia, concluíu a concelleira.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1