O Concello aclarará dúbidas a familiares sobre o campamento do mar o vindeiro martes

Como xa ven sendo habitual, o Concello da Estrada celebrará unha reunión para aclarar dúbidas sobre o campamento do mar aos familiares dos rapaces e rapazas admitidos, e farao o vindeiro martes, 7 de agosto no Salón de plenos do Consistorio, segundo informou hoxe a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

 

Na xuntanza, que comezará ás 20:30 horas do citado día, os proxenitores se reunirán cos técnicos do Concello que lles informarán acerca de cuestións como cal é a roupa axeitada para levar durante a estadía, as normas de conducta que deben seguir os cativos, que informen sobre se algún deles precisa de tomar algunha medicación ou padece algunha alerxia e atender as distintas dúbidas e preguntas que os asistentes poidan ter, explicou a concelleira.

 

A cada asistente entregaráselle un díptico recordatorio sobre estas cuestións, e aqueles pais e nais que non podan acudir á reunión poderán consultalo na páxina web ou facerse con un no departamento de Asuntos Sociais do Concello.

 

Nesta edición acudirán ao campamento do mar “Virxe do Loreto” en Porto do Son, que terá lugar entre o 13 e o 20 de agosto, 76 rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos. Catro das oitenta prazas ofertadas quedaron vacantes nesta ocasión.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1