Concello, empresa e arquitecto replantean o novo centro de saúde da Estrada

Membros do Concello; da unión temporal de empresas Puentes y Calzadas Ogmios-Proyecto, adxudicataria do contrato, e o arquitecto que ideou o espazo reuníronse hoxe para decretar cal será o trazado que seguirá a planta do novo centro de saúde que se construirá na localidade, cuxas obras comezan o vindeiro luns.

 

replanteo centro saude1Dado este primeiro paso, tralo replanteo darase paso ao movemento de terras; un proceso mediante o cal se nivela o terreo e se prepara para proceder aos traballos de cimentación da edificación. Tanto o xefe de obras, Manuel Feijoó, como o arquitecto, Manuel Vázquez Muíño, coincidiron en sinalar que esta tarefa de movemento de terras comezará o vindeiro luns, 6 de agosto.

 

O xefe de obras sinalou que contan un prazo de execución de 17 meses, pero que dependendo de como resulte o avance da obra poderíase reducir ese espazo de tempo.

 

replanteo centro saude2O centro de saúde contará con servizo de urxencias, pediatría, radioloxía, sala de ecografías e recepción na planta baixa; medicina e enfermería xeral na primeiro andar e especialidades médicas tales coma muller, saúde mental, odontoloxía e fisioterapia e rehabilitación no segundo andar, segundo indicou o arquitecto.

 

Ademais contará cun acceso específico para peóns e outro para ambulancias, conectado directamente coa sala de urxencias e reanimación. Por outra banda, na parte posterior do edificio emprazarase un semisoto destinado aos almacéns e instalacións do servizo á que se accederá a través dunha rampa de acceso.

 

Vázquez Muíño explicou que a intención á hora de concibir o novo centro de saúde era a de crear un espazo urbano de calidade; un lugar onde a xente acudise, aparte do aspecto sanitario, a un lugar de encontro social. Para conseguilo ideou a planta da estrutura en forma de U, na que dispuxo unha praza central á dotou con bancos onde os usuarios poidan descansar ou relacionarse e unha zona axardinada con árbores arredor da construción.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1