O filme de apertura do Ciclo de cine na rúa, Cars 3, cuxa proxección estaba prevista para hoxe ás 22:30 na Praza do Mercado do concello da Estrada, aprazarase para o vindeiro luns, 6 de agosto, por razóns meteorolóxicas. O evento terá lugar na data sinalada no mesmo lugar e á mesma hora na que estaba previsto para hoxe.