Todas as persoas en situación de dependencia teñen asistencia na Estrada

En resposta ás acusación vertidas polo grupo Móvete con respecto ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o alcalde, José López, asegurou hoxe que se están cubrindo todas as horas que o Concello ten autorizadas por la Xunta de Galicia para aquelas persoas que se atopan en situación de dependencia na Estrada.

 

Aínda máis, dende o Concello estase atendendo, en horas de libre concurrencia, a persoas que non están valoradas como dependentes pero que si necesitan esa axuda, matizou López, quen admite que se paralizou o proceso de licitación do novo contrato do SAF debido a un cambio na lei de contratos da Xunta que, de seguir adiante co proceso, tumbaría igualmente o proxecto.

 

Sen embargo, o desentimento do contrato prodúcese por un cambio estatal na Lei de Contratos, a cal, entrou en vigor cando xa estaba en marcha o proceso de tramitación, polo que houbo que inicialo de novo, anulando antes o anterior, apuntou López, quen asegurou que isto non afecta en absoluto ao servizo, no que se están cubrindo todas as horas concedidas pola Xunta.

 

Todas as administracións están actuando do mesmo xeito ante esa nova Lei de Contratos do sector público, paralizando os proxectos e adecuándoos antes de enviala licitación, indicou.

 

Con respecto á lista de espera para acceder ao servizo referida polo grupo Móvete, López sinalou que non é unha lista de espera para acceder ao servizo, senón a esa ampliación do numero de horas afectada polo cambio da devandita lei.

 

Por outra banda, respecto á apertura do centro de día, este está homologado e autorizado. Soamente queda que se realice a visita de comprobación por parte da Xunta, pero isto será despois do remate das obras nas que se teñen que instalar o ascensor e os elementos de seguridade fronte a incendios, explicou o alcalde.

 

A actuación, que conta cun orzamento de 24.000 euros -14.000 euros para a plataforma elevadora e 10.000 para traballos de fontanería- está planificada para rematar e deixar o centro de día en funcionamento ao longo de setembro, polo que López subliñou que se non contasen coa autorización da Xunta, non estarían facendo obras.

 

Como remate remarcou que foron eles os responsables de idear, planificar e desenvolver o proxecto de apertura do primeiro centro de día da Estrada.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1