Cinco tractores e oito operarios traballan na Estrada en labores de desbroce

Cinco tractores, catro dos servizos municipais e un dunha empresa externa, máis oito operarios traballan en turnos de mañá e tarde para acometer todos os labores de desbroce nos viais e parroquias do concello da Estrada, segundo explicou hoxe o concelleiro de Medio Rural, Juan Constenla.

 

desbroceEn resposta ás alusións referentes ao mal estado dalgunhas beirarrúas invadidas pola maleza, vertidas polo grupo socialista, o concelleiro recorda que eles tiveron os mesmos problemas cando gobernaban e aproveita a ocasión para recordarlles que é agora, na época estival, cando se han de acometer estas tarefas.

 

A programación vai acorde ao calendario de festas parroquiais, para que en días sinalados as pistas estean nas mellores condición, e engadiu que máis da metade das parroquias xa foron desbrozadas.

 

Constenla recorda ao PSOE que as condicións climatolóxicas da fin da primavera e inicio do verán propiciaron o crecemento da maleza, pero que dende o concello non se asume unha postura de pasividade e que como son sabedores, os traballos de desbroce se acabarán facendo seguindo o calendario programado.

 

desbroce2Polo tanto, é falso que dende o Concello só recordemos ás parroquias do rural en época de eleccións, así como non esquecemos as beirarrúas destas, incidiu o concelleiro, que sinalou que estas actuacións nas beirarrúas hai que realizalos de xeito manual, así como ocorre con outros traballos de desbroce que teñen lugar nos campos das festas, nos arredores das igrexas ou en zonas de descanso.

 

As cuadrillas encargadas dos labores de limpeza das beirarrúas están esta semana rematando os traballos en Souto de Vea para proseguir, a vindeira semana, por unha das zonas nas que se facía referencia nas fotografías empregadas polo partido socialista, como é a parroquia de Lagartóns, sen esquecernos de todas as demais, como Codeseda, na que pronto se celebrará a feira ou Tabeirós, que antes das súas festas terán as beirarrúas en perfecto estado, aseverou Constenla.

 

Constenla asegurou que o concello non está parado e que se acorda do rural todo o ano; non espera a datas sinaladas pola axenda política para facer o seu traballo.

 

A superficie do concello é moi extensa e os viais, moi numerosos e os traballos de desbroce están suxeitos a problemas de temporalidade, pero cos medios municipais e a contratación de empresas externas traballamos para satisfacer as necesidades dos veciños, rematou o concelleiro.

 

desbroce3desbroce4 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1