A Estrada prevé inaugurar os novos xardíns para marzo

Dende o Concello da Estrada se estima que o proxecto de remodelación e mellora dos xardíns estea rematado e en condicións para a súa inauguración para marzo de 2019, segundo afirmou hoxe o alcalde da localidade, José López.

 

O vindeiro luns 17 de xullo convocarase unha comisión informativa que permita ditaminar o inicio da licitación do proxecto para, un día máis tarde, o martes, aprobar ese inicio da licitación en Xunta de Goberno.

 

Despois da aprobación desta, o proxecto de obra colgarase na plataforma do Concello e as empresas contarán con vinte días para presentar as ofertas que lles permitan facerse co contrato da obra.

 

Esperase, deste modo, acabar co proceso de contratación en xullo, ter o contrato firmado en agosto e que as obras comecen a partir de setembro, cun prazo de execución de seis meses que deixaría aos xardíns preparados para a súa inauguración ao longo de marzo, explicou o gobernante municipal.

 

Este proxecto divídese en dous lotes; o de obra e o de xestión intelixente de infraestruturas, e conta cun presuposto de 1.510.000 euros sufragados ao 60 por cento con fondos Edusi (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) e ao 40 por cento con fondos propios do concello.

 

Por outra banda, hoxe comeza a tramitación da expresión de interese da reforma da rúa Fernando Conde, na que haberá que xustificar a realización da obra no marco da Edusi. Este proxecto conta cun presuposto de 695.000 euros a sufragar ao 80-20 por cento entre Edusi e concello.

 

Esta reforma conta con oito meses de prazo dende o lanzamento da licitación, previsto para este mes, e o fin da obra, cuxa execución conta con catro meses de prazo.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1