O Concello da Estrada ultima os preparativos que lle permitan abrir o centro de día

O Concello da Estrada ultima os preparativos que lle permitan abrir o centro de día sito no primeiro andar do edificio Novo Mercado. O consistorio traballa nas últimas modificacións esixidas pola Xunta para cumprir coa normativa antes da apertura.

 

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar, informou hoxe de que a pesar de que a Xunta concedeu o pasado abril a autorización administrativa para a creación do centro, esta concesión está condicionada a unha serie de melloras para adaptarse ás necesidades dos usuarios e actividades que se desenvolverán no lugar.

 

Ademáis, unha lei aprobada o marzo pasado obligou a adaptar o proxecto coa obriga da creación dun espazo de seguridade, que conte con portas especiais que permitan conter o lume e que manteñan aos usuarios a salvo en caso de incendio.

 

Outras obrigas son a instalación dun ascensor que conte con máis anchura e que responda ás necesidades do centro e dos seus futuros ocupantes e a, xa rematada, modificación dos aseos e inclusión de duchas.

 

Dende o concello considerouse que a opción máis viable no caso da adaptación do ascensor é a instalación de unha plataforma elevadora paralela a este que dea acceso ao primeiro andar e espérase que as obras, que comezarán a partir da vindeira semana, estean rematadas ao longo do verán para “comezar a dar servizo en setembro”, segundo indicou Goldar.

 

Estas obras supoñen un esforzo por parte do Consistorio, que fará unha inversión de arredor de 33.000 euros: 15.000 na plataforma elevadora, 3.000 en fontanería, 6.000 en pladur, 4.000 en portas de seguridade e 5.000 na sala de curas, rehabilitación e en material necesario para atender as necesidades sanitarias dos usuarios do centro.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1