Rapa das Bestas de Sabucedo

A rapa das bestas comeza rememorando o vínculo ancestral das bestas co divino. Durante a misa da alborada pídeselle protección a san Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa.A continuación súbese ao monte na procura dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos xuntando as greas. Finalmente, o sábado, condúcense nun grande cerco á aldea. A parte máis espectacular da festa é o curro, onde aloitadores e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo nunha loita para dominar o animal e cortarlle as crinas. 

 

 

Programa 2018

 

Xoves 5/07

 

  • 22:00  9ª Gala Rapa das Bestas de Sabucedo na honra e loubanza dos aloitadores

 

 

Venres 6/07

 

  • 6:30   Misa na honra de San Lourenzo, patrón de Sabucedo
  • 7:00   Saída dende o Celeiro na procura das bestas
  • 14:00  Xuntanza das greas na chaira do Peón e “Baixa” para o peche do Castelo.
  • 23:00  Festival Rapasons: Davide Salvado | Fillos do Estramonio | Festicultores | Liviao de Marrao | Isabel Risco (presentadora)

 

 

rapa2018Sábado 7/07

 

  • 12:00  Subida para o monte dende o Celeiro a buscar as bestas
  • 14:00  Baixa das bestas dende o peche ata Sabucedo
  • 14:30  Rapasóns: Sesión vermú Petroni coa charanga Os Celtas
  • 17:00  Rapasóns: La Rue (jazz na rúa)
  • 18:30  Rapasóns: Tequexetéldere | Airiños de Caldelas
  • 19:00  Primeira Rapa no Curro
  • 22:30  Verbena popular a cargo de: New York | América S.L.

 

 

Domingo 8/07

 

  • 11:30  Rapasóns: Manu e Marcela | Airiños de Caldelas
  • 12:00  Segunda Rapa no Curro
  • 14:00  Rapasóns: Sesión vermú Petroni cos Festicultores
  • 17:30  Rapasóns: Polo Correo do Vento
  • 18:00  Rapasóns: Monifates
  • 18:30  Rapasóns. Foliada con: Tanto nos ten | Os Abrentes de Cerdedo
  • 22:00  Verbena popular a cargo de: Marbella | Miramar

 

 

Luns 9/07

 

  • 12:00 Terceiro Curro: Curro Solidario
  • 12:00 Rapasóns: Airiños de Caldelas
  • 18:00 Solta das bestas para o monte

 

Máis información en: http://rapadasbestas.gal/

 

 rapa das bestas 2018

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1