DepoRutas BTT

A provincia de Pontevedra esconde nos seus montes unha riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable. Por iso a Deputación de Pontevedra te anima a participar no programa "DepoRutas BTT" 2018.

 

depo rutasEste programa forma parte do Plan estratéxico do deporte da Deputación de Pontevedra, que aposta polo deporte activo de natureza. As rutas son totalmente gratuítas, admiten un máximo de 300 participantes e contan cun punto de saída e finalización único (rutas circulares).

 

Para este ano 2018 ofértanse tres rutas BTT, que nos achegan ás comarcas de Tabeirós-Terra de Montes, Vigo e Caldas.

 

Prepárate, consulta os itinerarios e as características de cada unha das rutas e apúntate canto antes. O prazo de inscrición ábrese o 14 de maio.


 
Sabucedo o 17 de xuño de 2018   

Data de realización: domingo 17 de xuño de 2018
Dificultade: media
Distancia: 32 km aproximadamente (percorrido circular)
Punto de saída e chegada: curro de Sabucedo (A Estrada)
Descrición: esta ruta parte dun espectacular contorno como é o curro da famosa Rapa das Bestas de Sabucedo, convertendo as e os ciclistas en aloitadoras e aloitadores, e as súas bicicletas en bestas. O percorrido discorre pola zona norte de Sabucedo alternando treitos de dificultade baixa con outros máis técnicos (tanto de subida coma de baixada) para, a partir do segundo terzo do percorrido, ir cruzando diferentes pobos do concello da Estrada (Vilanova, Portela, O Coto, Xubrei, Codeseda…) e gozando ao seu paso de elementos de valor cultural


Caldas de Reis-Portas-Barro o 2 de setembro de 2018    


Montes de Vigo o 30 de setembro de 2018

 

+ info e inscricións en: https://www.depo.gal/deporuta

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1