A Estrada programa preto dunha trintena de actos nos oito días da XLV Festa do Salmón

O Concello da Estrada xa ten pechada a programación da XLV Festa do Salmón, que incluirá preto dunha trintena de actividades gastronómicas, culturais, deportivas, sociais, institucionais e musicais que comezarán o vindeiro venres, 11 de maio, e que se prolongarán durante oito xornadas.

 

Os actos comezarán cun marcado carácter cultural este venres, con ata catro citas programadas para esta xornada de apertura, e terán continuidade, xa na fin de semana, co 42º Concurso Internacional de Pesca de Salmón organizado pola Sociedade Deportiva Río Ulla e a 56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial da Fundación de Exposicións e Congresos.

 

Tras dous días de acougo, o programa retomarase o mércores 16 coa ruta-degustación de tapas, que se prolongará ata o sábado 19 coa participación dos seguintes 29 locais: Cafetería Central, Argentinos Burguer, O Boliche, O Camiño, Samaná, O Bodegón, Val Fresco, Mesón da Estrada, O Paseo, Eureka, Nicol´s, Rober´s Café, Alameda, A Bombilla, O Enredo, Os Peares, O Candil de Silvia, Navegación, 20 Berzas, Velis Nolis, Oasis, Samaná, Amadeus, Tapería O Lar, Come, Bebe e Cala, Andalucía, O Café de Xulia, Nixon e O Rollo.

 

Durante estas xornadas centrais desta Festa de Interese Turístico de Galicia haberá unha decena de actuacións musicais variadas en distintos formatos e emprazamentos, citas deportivas co rafting, a BTT e o raid e o tradicional obradoiro de montaxe de moscas ata chegar ao domingo 20, día grande da festa no que está programada a lectura do pregón e imposición dos Salmóns de Ouro e a multitudinaria degustación popular, que manterá o prezo de 4 euros por bandexa de dous pinchos no Novo Mercado e a súa contorna.

 

festa salmonpeq

 

Programa de actividades da XLV Festa do Salmón

 

Venres 11

 

  • Recepción dos participantes do Encontro “Grandes Viajeros” | 16.00-Praza da Constitución
  • Presentación dos libros “Can Valentín” e “En Branco e Negro” | 20.00-MOME
  • Exposición pictórica de Fragoso | 20.00-22.00-Sala Abanca
  • Presentación do libro disco “A Estrada da vida” de Manoele de Felisa e Xosé Luna | 21.00-Teatro Principal

 

 

Sábado 12

 

  • 42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 8.00-20.00-coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde
  • Ponencias do Encontro “Grandes Viajeros” | 10.00-19.00-Teatro Principal
  • 56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial | 10.00-20.00-Fundación de Exposicións
  • Exposición pictórica de Fragoso | 11.00-13.00-Sala Abanca

 

 

Domingo 13

 

  • 42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 8.00-20.00-coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde
  • 56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial | 10.00-20.00-Fundación de Exposicións
  • Entrega de premios do 42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 21.30-Casa da Fandiña

 

 

Mércores 16

 

  • Ruta-degustación de tapas | Todo o día-Cafetería Central, Argentinos Burguer, O Boliche, O Camiño, Samaná e O Bodegón
  • Música de rúa con Lume na Lareira | 20.00-rúas da Estrada
  • Exposición pictórica de Fragoso | 20.00-22.00-Sala Abanca
  • Concerto de Óscar Ibáñez&Tribo | 21.00-Teatro Principal

 

 

Xoves 17

 

  • Ofrenda floral e pregón das Letras Galegas a cargo do pintor Ramiro Cimadevila | 12.00-Alameda municipal
  • Ruta-degustación de tapas | Todo o día- Val Fresco, Mesón da Estrada, O Paseo, Eureka, Nicol´s, Rober´s Café e Alameda
  • Música na rúa con Os Atrevidos | 20.30-rúas da Estrada

 

 

Venres 18

 

  • Ruta-degustación de tapas | Todo o día-A Bombilla, O Enredo, Os Peares, O Candil de Silvia, Navegación, 20 Berzas e Velis Nolis
  • Noite de compras de ACOE | 17.00-23.00
  • Will Disco Móbil organizado por ACOE | 19.00-rúa Calvo Sotelo
  • Actuación de Les Artuans | 21.00-Teatro Principal
  • Música na rúa con Os Ke Hai | 20.00-rúas da Estrada
  • Concerto de Broken Peach | 22.00-Zona dos Viños

 

 

Sábado 19

 

  • V Raid Hípico do Salmón puntuable para o Campionato Galego | 9.00-Praia fluvial de Liñares
  • Ruta-degustación de tapas | Todo o día-Oasis, Samaná, Amadeus, Tapería O Lar, Come, Bebe e Cala, Andalucía, O Café de Xulia, Nixon e O Rollo
  • Rafting do Ulla | 16.00-Couto de Ximonde
  • XXII Ruta de BTT do Salmón | 16.30-Saída da Zona Deportiva
  • Obradoiro de montaxe de moscas para pesca do salmón | 17.00-Sala Abanca
  • Música na rúa con Retrouso | 20.00-rúas da Estrada
  • Concerto de Festicultores Troupe | 22.00-Zona dos Viños

 

 

Domingo 20

 

  • Lectura do pregón e imposición dos Salmóns de Ouro | 12.00-Teatro Principal
  • Obradoiro de montaxe de moscas para pesca do salmón | 12.30-Praza do Mercado
  • Degustación popular de salmón con actividades infantís e ambientación musical de Carlos Barruso Cuarteto | 13.00-Novo Mercado e Praza do Mercado
  • Actuación da Coral Polifónica Estradense e da Coral Polifónica de Zamáns | 19.00-Teatro Principal

 

Máis información: http://festadosalmon.com/

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1