O IV Trofeo Berenguela-Concello da Estrada disputarse o día 20

O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, Novas tecnoloxías e participación Cidadá, comunica que o próximo día 20 de maio celebrarase o IV Trofeo Berenguela-Concello da Estrada de patinaxe, no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro (A Estrada), con entrada gratuíta.

 

 

cartel trofeo berenguela concello da estradaO encargado de organizar o devandito evento será o C. P Berenguela, en colaboración co Concello da Estrada. Este Trofeo reunirá a un total de 11 colexios:

 

 

  • Colexio Público Ramón Cabanillas
  • Colexio Divino Mestre - CEIP Vite 1
  • CEIP Pío XII - CEIP López Ferreiro
  • Colexio Público de Figueroa
  • CEIP Cabada Vázquez - Concello A Estrada
  • CEIP Pérez Viondi
  • Casa do Neno -Colexio San Pelayo Emma
  • Escolas Club

 

 

Ademais pola mañá, tamén terá lugar unha competición de individual interna do club organizador, que contará con patinadores desde os 7 ata os 13 anos. Contaremos con preto de 130 nenos e nenas que serán os protagonistas deste evento.

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1