A Ruta BTT do Salmón será o 19 de maio e terá un recorrido de 40 quilómetros

O día 19 de maio, coincidindo na fin de semana da festa do salmón, disputarase a XXII BTT Ruta do Salmón organizada pola Peña Ciclista Bikestrada en colaboración co Concello da Estrada. A actividade, que non ten carácter competitivo, conta cun percorrido de 40 quilómetros. Esta é unha ruta con moita tradición, ademais de ser unha das máis antigas de Galicia, e está pensada para desfrutar da paisaxe. Esta mañá Abelardo Dubert, secretario de Bikestrada, en compañía do concelleiro de Deportes, Ismael Pena, deu todos os detalles da mesma.

 

A competición arrancará pola tarde a iso das 16.30 horas desde a zona deportiva. E constará de tres  quilómetros polo caso urbano e a meta situarase na zona debaixo da Praza da Feira.  Así o percorrido habitual é con saída desde a praia fluvial cara Moreira, Barbude e Paradela, cruzando o río en Ximonde para regresar por Santeles, Cora e Toedo. Sen embargo, si hai un cambio tal e como apunta Dubert “o circuíto vai ser en esencia exactamente o mesmo que o ano pasado, pasando polos sitios habituais, agás a posibilidade de pasar ao outro lado do río que este ano temos que prescindir deste tramo”.

 

rutabtt salmon2018Outra das novidades é que desta volta non haberá outra alternativa máis curta. “Esa ruta non é especialmente esixente, polo que é apta para practicamente  á totalidade de xente que teña un mínimo de rodaxe, e isto permite que se poida participar en familia, incluso asisten rapaces”, indica o secretario de Bikestrada.

 

cartel rutabtt salmon2018Para despedir a andaina “un empresario con sona na Estrada, que é Codesido, prestouse a proporcionar unha serie de produtos da súa especialidade, como  chourizos, que xunto con cervexa e empanadas servirá a modo de trofeo para todos, desde o primeiro, dos do medios e dos últimos en chegar, polo que teremos unha degustación”, sinala Dubert.

 

A inscrición deberá facerse a través do enderezo web www.bikestrada.com O ano pasado anotáronse ao redor de 250 persoas. E calcúlase que sobre as 20.00 horas todos rematen o traxecto porque o tempo para completala ruta é moi particular, porque aquí os minutos non importan, senón o que máis lles interesa aos participantes é desfrutar da zona. “Agardamos que se anote moita xente. A verdade é que é unha ruta preciosa, que eu fixen o ano pasado, e serve para desfrutar do río e da paisaxe”, comenta o concelleiro de Deportes.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1