A Feira do Libro chega á Estrada o 4 e 5 de maio cargada de diversas actividades e con descontos do 10% en libros

Participan as librarías Faro, Marxe, Durán e Pintaletras.

 

Feira Libro 2018A Feira do Libro da Estrada terá lugar os días 4 e 5 de maio. “Chega a primavera e con ela a nosa benquerida Feira do Libro, unha feira que en anos anteriores se viu prexudicada por mor da chuvia, pero que este ano agardamos poder celebrar sen ningún tipo de contratempo”, indicou o concelleiro de Cultura, Juan Constenla, que esta mañá presentou o evento en compañía de Loli Durán, da librería Durán, e de Mavi Picallo, da librería Faro.

 

Un ano máis as distintas casetas e librarías presentes veranse acompañadas por un amplo abano de actividades que abranguen dende obradoiros e música tradicional, ata o novo circo, pasando polo teatro ou a danza. Nesta ocasión as librarías participantes serán a Libraría Faro, Marxe, Durán e Pintaletras.

 

“Tamén como xa é tradicional, contaremos coa colaboración da Cruz Vermella. As primeiras 300 compras de libros veranse agasalladas cun litro de leite”, apuntou Constenla.

 

PROGRAMA

 

Venres 4 de maio

12:00 h.- Apertura da feira

17:00 h.- Actuación das escolas de Tequexetéldere

17:30 h.- Obradoiros de monicreques que culler de pau do mundo da lectura

18:00 h.- Sin Medidas de Jano Costas, Espectáculo de Novocirco.

19:00 h.- O galo Quirico de Títeres Seisdedos

21:00 h.- Bicos con Lingua de Talía Teatro, no Teatro Principal (DE PAGO, 5,00€). As entradas poden adquirirse a partir da próxima semana no departamento de Cultura do Concello, segundo andar, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

          

Sábado 5 de maio

12:30 h.- O Lobo e a Lúa de Baobab Teatro, no Teatro Principal (DE PAGO, 3,00€) Poden adquirirse a partir da próxima semana no departamento de Cultura do Concello, segundo andar, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

17:30 h.- Pan con Chocolate (CONTACONTOS)

18:00 h.- Obradoiros de colgadores para portas "Non molestar, estou lendo"

18:30 h.- Paco Nogueiras en concerto con Radio Bule Bule

19:30 h.- Actuación de Traspediante (espectáculo de danza de rúa)

 

Tal e como indicaron as dúas libreiras hoxe presentes, igual que sempre, haberán descontos do 10% en libros de temáticas do máis variadas e achegarán á feira os libros de novidade, sendo unhas xornadas, na que cada ano, a xente se anima máis a mercar. E aínda que a apertura o venres é ás 12.00 horas,  o sábado os stands estarán abertos xa desde as 11.00 horas ata a noite.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1